martes, 7 de marzo de 2017

FOMENTANDO A CREATIVIDADE

O feito de ter os materias non sempre chega para que os nen@s vexan as súas posibilidades e se atrevan a experimentar. Por iso, darlles un pequeniño empuxón inicial con ideas para que sexan el@s quen de decidir se queren facer unha obra artística con esa técnica, ou combinando varias é fundamental.
O noso atelier vai collendo forma pouquiuño a pouco, van chegando materiais de refugallo cada día, puxemos unha mesa específica para a creación de obras pictóricas, mañá aparecerá outro elemento (sorpresa!!!)... e temos disposto o material en dous mobles, á altura dos peques para que podan coller libremente os útiles que precisen.

Nestas semaniñas iniciais familiarizámonos cos materiais e as súas posibilidades, e facemos xa obras cada vez máis elaboradas, e por suposto, 100% persoais e creativas.


Nalgún momento do día me preguntou un nen@ que estaba falando con outra nena: " profe ¿verdad que no te gusta el color negro?" E a resposta foi claramente, sí, claro que me gusta!
Non podemos limitar cores, teñen que experimentar con todos eles, ver as súas mesturas, darse conta de que o branco sobre papel branco case non se aprecia, pero sobre o negro destaca;  que se mesturan o azul e o amarelo obteñen o verde; e que se sobre unha base de cores pintan con negro taparán todo o de abaixo... pero froito da experimentación decantaránse por uns ou outros coas súas preferencias propias e non impostas.
Víchedes que chulada? pois mirade como imitamos as obras de Jackson Pollock, pintando con bólas de madeira para imitar a súa técnica do chorreo.


Se o queredes facer na vosa casa ou cole, só precisades unha bandexa ou caixa, pinturas de cores, unha cartolina e unhas bólas (teñen que pesar, pero poden ser canicas, bolas de madeira, pelotas saltarinas...). E logo só queda comezar a mover a bandexa para que o movemento das bólas faga o resto, un cadro ben colorido.



No hay comentarios:

Publicar un comentario